Dende a Ponte que comunica os concellos de Avión e Beariz, po-la veira do río, pasando o carón da praia fluvial, cruzando a pequena ponte restaurada fai uns poucos anos, chegamos o muiño de riba, restaurado o mesmo tempo ca debandita ponte.
O Muiño está nunha ladeira do monte, o río discorre po-lo lado esquerdo do muiño é caí dende unha altura aproximada de cinco metro sobre un pozo o que chamamos-lle caldeira grande, creando un espectacular fervenza (espectacular na proporción da dimensión do propio río, dende logo). O de Caldeira Grande e en contraposición con otro pozo que se forma unhos quinientos metros máis abaixo denominado Caldeira Pequena, o cal fixo de “piscina” a varias xeracions de rapaces que empezamos a dar as primeiras brazadas neste poza.













